Recursos e ferramentas para vivir no rural

Compartir recursos, ferramentas e informacións que (nos) facilite o desenvolvemento de proxectos de vida no rural é un dos obxectivos da rede O Rural Quere Xente. Nesta sección iranse engadindo aquelas achegas que entre todas-os podamos recadar e nos resulten de interese e utilidade.

Colaboracións coa Fundación ‘Sen Esquencer’

Dende a Fundación ‘Sen Esquencer’ chégannos as seguintes propostas de colaboración para a rede O Rural Quere Xente e as persoas que participan da mesma:

O domingo día 12 de xullo do 2020 ás 12h, impartiremos un curso monográfico de dereito sobre “A PROPIEDADE PRIVADA, DO DIVINO E DO HUMANO”. Trataremos nel as diferencias xurídicas dos distintos tipos de propiedade, e particularmente do reximen xurídico das fundacións, patronato, protectorado, plan xeral contable, constitución, rexistro, obrigas tributarias, funcións, vantaxes. Nun segundo termo tras o xantar, falaremos sobre o rexistro da propiedade, catastro, urbanismo, licenzas etc.
O curso será impartido polo avogado Fran del Buey Patrono e membro do colectivo xurídico terrum.
https://terrum.social/

Coa idea de dar viabilidade aos distintos proxectos que desenvolven nos eidos da exclusión/inclusión social, a ecoloxía e a defensa dos valores culturais, dende a Fundación ‘Sen Esquencer’ están a difundir algunha das súas actividades por se algunha persoa ou colectivo estivera interesada en apoiar, difundir ou participar dalgún xeito.

SERVIDOR NOITEBRA

A fundación xestionou ate hai uns meses o servidor autónomo Saramaganta, proxecto dixital en funcionamento continuo dende o ano 2006, coa filosofía dun hosting social autoxestionario, baseado en solucións de Software Libre e atendendo sempre a garantir a privacidade das súas usuarias, cun grande esforzo das compañeiras e compañeiros técnicos. O feche definitivo debeuse á imposibilidade de atender ás esixencias técnicas e legais da nova regulación europea de protección de datos en canto aos servizos asociados a servizos telemáticos cara ao público, así como á cantidade de servizos ofertados en desequilibrio coas achegas económicas achegadas ao proxecto, de xeito que permitiran a súa viabilidade.

Así pois, o proxecto mudou e pasouse a chamar NOITEBRA. Non ten moito a ver co anterior en canto ao enfoque de hosting social colectivo, mais igualmente séguese a traballar nel pola autoxestión dixital cunha estratexia baseada no software libre e na xestión dos datos á marxe dos modelos corporativos e dende unha perspectiva máis experimental.

A tal fin, teñen reservadas doce contas da nube cun espazo de 2G cada unha, ao que engadimos unha conta de correo asociada ao dominio noitebra.tech, dispoñible para aqueles colectivos que subscriban o contrato utópico da entidade, o cal consta dunha achega voluntaria destinada a sufragar os gastos do alugueiro do server na contía base de 6€ mensuais (5€ + gastos de xiro bancario).

NEGRA SOMBRA

Trátase dun agro-proxecto bastante complexo, que se centra na extracción de óleo de camelia xapónica dos exemplares centenarios sitos na Fundación. Tamén se traballa na multiplicación da variedade en invernadoiro e da planta nos terreos que se están a recuperar. Xa se fixeron dúas colleitas.

Trátase dun aceite máxico, con grandes propiedades cosméticas e para a saúde. Temos mostras envasadas a disposición, con prezos dende 1€ ate 5€. Prégase que deades difusión entre a xente por se hai quen estivese interesada/o.

EDITORIAL TRASPAPELADOS

Áinde en xermolo, trátase dun proxecto editorial e de imprenta, co que xa se editaron varios libros e no que arestora se está a traballar para asentalo economicamente.

Tras o tráxico deceso o día 25 de abril da compañeira da fundación Pastora, acordouse reeditar o libro do seu fillo Xosé Tarrío, polo que se están a distribuír os exemplares de anteriores edicións de Fuxe home fuxe, traducido pola Fundación ao galego. Quedan os derradeiros 40 exemplares a 10€/u.

Pódense entregar exemplares para a súa distribución.

PROPOSTA DE ASESORAMENTO

Ante a demanda crecente de asesoramento técnico-xurídico xurdida da nova re-implantación poboacional no rural, os delitos ecolóxicos, a idiosincrasia galega e a problemática lexislativa, dende a Fundación ‘Sen Esquencer’ remítese tamén a seguinte proposta de asesoramento xurídico integral nos seguintes ámbitos:

Administrativo
  • Catastro: titularidade, verificación virtual, discrepancias, etc.
  • Licenzas: obra, rehabilitación, reforma, segregación e agrupación de leiras, talas, queimas controladas, etc.
  • Concesións: augas, enerxía solar, etc.
  • Comunidades de montes: estatutos, demarcación, organización, etc.
Civil
  • Contratos: compra/venda, precario, cesión, comodato, etc.
  • Preitos: interditos, servidumes, usucapidos, etc.
  • Escrituras notariais: herdanza, testamento, apartación, pacto de mellora, sociedade agraria galega, elevación ao público de contratos, etc.
  • Familia, custodia e alimentos. Divorcios e separacións.
Económico
  • Criptomoeda
  • Préstamos: hipotecas, ao consumo, solidarios, etc.
  • Monitorios.
Laboral
  • Contratación por conta allea: despidos, reclamacións de cantidade, etc
  • Autónomos (RETA)
  • Modelos de empresa: (SL, cooperativa, fundación)
SociaL
  • Discapacidade
  • Prestacións(RAI, RISGA, EMERXENCIA).
Seguros
  • Sanitarios, sociais, privados, de arrendamento, de hipoteca, de responsabilidade civil, etc.
Protección de datos
  • Adaptación de asociacións, cooperativas e empresas á normativa europea de protección de datos. Delegado de Protección de Datos (DPD).
  • Uso coherente das novas tecnoloxías e o seu limite respecto a confidencialidade.
Formación
  • Elaboración de unidades didácticas.
  • Formación continua na Universidade da Diversidade (d2).

Estes son basicamente os campos xurídicos nos que a diario chegan demandas de xente que vive no rural. Pero disponse dunha equipa xurídica coa que se pode intervir noutros eidos de ser necesario (penal, delito ecolóxico, etc).

Para todos os contactos ou dúbidas neste sentido, prégase dirixirse ao correo electrónico frandelbuey@avogacia.org. Existe tamén a posibilidade de contacto telefónico e atención persoal no despacho en Val do Dubra, unha vez achegado o asunto.

O asesoramento será gratuíto para os membros de ORQX. A primeira consulta consistirá nun posicionamento do caso. Tras esta, rebaixa do 20% ao 40% dos custes, para os procesos que se encarguen mediante esta vía. En todo caso, realizaríanse orzamentos.

Na proposta inclúese formación, a cal ten unha media de custes de 65€ a hora (gastos de transporte aparte).

Acceso a vivendas e terras

Unha das principais dificultades á hora de instalarse nalgures é acceder a unha vivenda, terras ou outras instalacións nas que desenvolver un proxecto de vida. Por iso, partillamos aquí información sobre algunhas posibilidades que nos foron chegando.

BANCO DE VIVENDA ORQX – 2019 

Lista de casas e leiras compiladas no IX Encontro O Rural Quere Xente celebrado en Roupar (Xermade) o pasado setembro de 2019.

ZONA ROUPAR

Casa e leira en Porto da Vila, nº3

                        Para reformar (rehabilitar). Varias construcións.

                        3 ferrados de terra (posibilidade de tratar máis).

                        En venda.

                        676 78 19 14 (Adela Castro).

Casa na Casa Nova

                        Donos em Londres, ao pé de Marta, a boticária.

Casa na Casa Nova

                        Vía Marta, como a anterior (696 96 28 38)

                        Para rehabilitar, sen tellado.

                        Com terreo.

                        982 50 17 61

Casa na Casa Nova (ao carón do Petroleo)

                        Para entrar

                        Apenas 359m2 de terreo.

                        Baixo amplo para reformar.

                        Venda, alugueiro ou alugueiro con dereito a compra.

                        619 755 691 (Teresa Rochela).

Casa na Casa Nova (a seguinte á anterior).

                        Pequena reforma.

                        Só 320 m2 de terreo.

                        Venda, alugueiro ou alugueiro con dereito a compra.

                        667 93 28 50 (Chus).

Casa na Torre: Cas Diego.

                        A reformar (rehabilitar). Con palleira e pozo.

                        Pouco terreo ao redor da casa.

                        658 04 80 53 (Nieves Roca).

ZONA CAZÁS

Casa e leira en Pé Rodriguez – Belesar (Vilalba)

                        Para reformar (rehabilitar)

                        7 ferrados de terra de moi boa calidade.

                        Pozo partillado con casa anexa.

                        En venda.

                        646 21 19 03 (Agustín).

Casa na Carvalhosa, Cazás

                        Para reformar (rehabilitar). Com pendello, cuberto e palleira.

                        5 ferrados de terra, posibilidade de adquirir bastante máis.

                        Pozo común.

                        En venda.

                        646 21 19 03 (Agustín).

ZONA OS VILARES – GUITIRIZ 

Casa no Sabugueiro, Os Vilares, Guitiriz

                        Aparentemente pouca reforma. Con hórreo e palheira.    

                        Pozo, auga da traída e luz.

                        Moita leira (uns 20 ferrados)

                        En venda.

                        677 39 95 20 

ZONA AS PONTES

Casa em A Cuinha, nº1

                        Para reformar.

                        Auga e luz.

                        Pouca leira coa casa (1,5 ferrados), mais con posibilidade de arrendar ou mercar mais.

                        En venda.

                        608 58 09 34 (Carmen Fernández)